Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21367

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de agregados para o uso nas brigadas da Deputación durante o ano 2014 na zona sur da provincia.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de agregados para o uso nas brigadas da Deputación durante o ano 2014 na zona sur da provincia, cun tipo de licitación de 132.550,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense.

A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84 ou na páxina web da Deputación www.depourense.es

Ourense, 21 de abril de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense