Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21156

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1247/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1247/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Rodrigo López Fernández contra a empresa Mr. Gold, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 240/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1247/2013.

Demandante: César Rodrigo López Fernández.

Letrado: Sr. Rodríguez Castillo.

Demandado: Mr. Gold , S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado: Sr. Crespí Rodríguez.

A Coruña, 14 de abril de 2014.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por César Rodrigo López Fernández contra a empresa Mr. Gold, S.L. e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral con data desta sentenza.

2. Condeno a demandada a que pague, en concepto de indemnización, a cantidade de 2.413,25 euros ao traballador demandante.

2º. O Fogasa deberase ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Mr. Gold, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de abril de 2014

A secretaria xudicial