Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 14 de abril de 2014, da Zona de Recadación de Vigo, polo que se dá a coñecer a poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 11 de xuño de 2014, ás 10.30 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo (sita na rúa Areal nº 62-local 3 de Vigo) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Debedor: Constralvi, S.L. CIF: B36781870

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

1

Vehículo matrícula: 2167DGT, marca: Citroën, modelo: Berlingo, tipo: Vehículo mixto Adapt. Bastidor: VF7GJRHYK93230358, data de matriculación: 25.2.2005.

2.446,00 €

Non constan

2.446,00 €

250,00 €

Debedor: Residenciales Oia, S.L. CIF: B36987535

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

2

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: predio a toxeira denominado Campo Portuguesa, da superficie de mil metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter uns mil douscentos corenta e sete metros con corenta e catro decímetros cadrados (1.247,44 m2). Estrema: norte, Manuel Costas Losada - hoxe, Benito Salinas González; sur, Baldomero Domínguez - hoxe, José Domínguez Portela; leste, Estrella González - hoxe, Purificación Pérez González; e oeste, Julián Vicente - hoxe, Julián Rodríguez Vicente.

Referencia catastral: 36036A004008340000QK.

Rexistro da Propiedade de Tui.

32.433,00 €

Non constan

32.433,00 €

1.000,00 €

3

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: predio a monte denominado Fontán, da superficie de catrocentos metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter oitocentos cincuenta e nove metros con cincuenta decímetros cadrados (859,50 m2), que estrema: norte, Manuel Fernández Rodríguez; sur, María del Mar Domínguez; leste, Purificación Pérez González; e oeste, Agustín Pombal Losada e José Luís Rouco Pereira. Referencia catastral: 36036A004008310000QF.

Rexistro da Propiedade de Tui.

22.347,00 €

Non constan

22.347,00 €

1.000,00 €

4

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: predio a toxeira denominado Broallos, da superficie de cincocentos trinta metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter cincocentos cincuenta e un metros con vinte e cinco decímetros cadrados (551,25 m2). Estrema: norte, Juan de Dios - hoxe, María del Mar Domínguez; sur, estrada; leste, camiño; e oeste, estrada - hoxe, Irene Abalde Rodríguez.

Rexistro da Propiedade de Tui.

14.332,00 €

Non constan

14.332,00 €

1.000,00 €

5

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: predio a monte matogueira denominado Broallos, da superficie de trescentos metros cadrados segundo o título; segundo Catastro mide uns douscentos vinte e catro metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter trescentos oitenta e sete metros con quince decímetros cadrados (387,15 m2), que estrema: norte, herdeiros de Samuel Alonso; sur, Joaquina González; leste,

José Sevilla; e oeste, Humberto Fernández.

Rexistro da Propiedade de Tui.

10.066,00 €

Non constan

10.066,00 €

1.000,00 €

6

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: rústica terreo a monte, hoxe, matogueira denominado Bacelos do Mudo, da superficie de novecentos dezaoito metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter catrocentos setenta e un metros con trinta e seis decímetros cadrados (471,36 m2). Estrema: norte, Lino Fernández - hoxe, José Granja Rodríguez; sur, José Rodríguez - hoxe, estrada; leste, Lino Fernández - hoxe, José Granja Rodríguez; e oeste, estrada - hoxe, en parte, de Ignacio Iglesias del Campo. Inscrición: figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui, no tomo 1048, libro 61,

folio 66, predio rexistral número 13.983, inscrición 1ª.

Rexistro da Propiedade de Tui.

12.255,00 €

Non constan

12.255,00 €

1.000,00 €

7

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: terreo a toxeira denominado Fontán, da superficie de oitocentos metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter mil douscentos vinte e nove metros con setenta decímetros cadrados (1.229,70 m2). Estrema: norte, Celestino Granja; sur, monte comunal; leste, estrada; e oeste, Celia González.

Rexistro da Propiedade de Tui.

31.972,00 €

Non constan

31.972,00 €

1.000,00 €

8

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: terreo a toxeira denominado Barcelos, da superficie de cincocentos metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter cincocentos setenta e sete metros con setenta e tres decímetros cadrados (577,73 m2). Estrema: norte, José Domínguez; sur, Celia Pérez; leste, María del Mar Domínguez; e oeste, Manuel Miniño.

Rexistro da Propiedade de Tui.

15.021,00 €

Non constan

15.021,00 €

1.000,00 €

9

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: terreo a matogueira denominado Mata, da superficie de setecentos oitenta e sete metros cadrados, hoxe, por recente medición resulta ter setecentos vinte e seis metros con setenta e dous decímetros cadrados (726,72 m2). Estrema: norte, Antonio Costas Rodríguez; sur, Juana Martínez Seguido; leste, Sabino González Granja; e oeste, Antonio Rodríguez Fernández - hoxe, Sabino González Granja. Referencia catastral: 36036A0040080844QE

Rexistro da Propiedade de Tui.

18.895,00 €

Non constan

18.895,00 €

1.000,00 €

10

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: terreo a toxeira denominado Campo Broallos, da superficie de oitocentos noventa e cinco metros, ben que por recente medición resulta ter mil trescentos trinta e nove metros con setenta decímetros cadrados (1.339,70 m2). Estrema: norte, camiño, sur, Joaquín Martínez; leste, Benito Losada; e oeste, estrada.

Rexistro da Propiedade de Tui.

34.832,00 €

Non constan

34.832,00 €

1.000,00 €

11

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: terreo a toxeira denominado Campo da Mata, da superficie de catro mil cincocentos dezasete metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter catro mil cento trinta e catro metros con corenta e un decímetros cadrados (4.134,41 m2). Estrema: norte, monte comunal - hoxe, Amadora Domínguez González; sur, monte comunal - hoxe Dolores Domínguez Fernández; leste; monte comunal - hoxe, comunidade de veciños Mougás; e oeste, Angustia Fernández González - hoxe, Jaime Montero González. Referencia catastral: 36036A004009210000QQ.

Rexistro da Propiedade de Tui.

107.495,00 €

Non constan

107.495,00 €

1.000,00 €

12

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: terreo a toxeira denominado Cabeciña ou Mariña, da superficie de trescentos metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter cincocentos corenta e un metros cadrados (541,00 m2 ). Estrema: norte, Julián Rodríguez Vicente; sur, Jesús Fernández Barros - hoxe José Luís Rouco Pereira; leste, Manuel Fernández Rodríguez - hoxe, ademais con don José Domínguez Portela; e oeste, Valentina Rodríguez Rubio - hoxe ademais con Fernando Villamarín Paradela.

Referencia catastral: 36036A004008330000QO.

Rexistro da Propiedade de Tui.

14.066,00 €

Non constan

14.066,00 €

1.000,00 €

13

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: terreo a toxeira denominado Barcelos, da superficie de catro mil tres metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter catro mil cento trinta e catro metros con corenta e un decímetros cadrados (4.134,41 m2). Estrema: norte, monte comunal; sur, Luísa Pérez Domínguez; leste, monte comunal; e oeste, monte comunal e, en parte, Jaime Montero González.

Referencia catastral: 36036A004008240000QQ.

Rexistro da Propiedade de Tui.

107.495,00 €

Non constan

107.495,00 €

1.000,00 €

14

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: urbano. Terreo sito no termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Mide a superficie de mil douscentos doce metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter novecentos catorce metros con oitenta e oito decímetros cadrados (914,88 m2). Estrema: norte, José María Fernández Salinas; sur, Anselmo Rodríguez Fernández; leste, comunidade de veciños de Mougás; e oeste, Inés Castro Pérez e Herminia Domínguez Martínez.

Referencia catastral: 36036A004008200000QA

Rexistro da Propiedade de Tui.

23.787,00 €

Non constan

23.787,00 €

1.000,00 €

15

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: terreo a monte denominado Broallos, da superficie de trescentos vinte metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter setecentos noventa e catro metros con oito decímetros cadrados (794,08 m2). Estrema: norte, Lino Fernández; sur, Rotilio Pérez González - hoxe, Ignacio Pérez González; leste, camiño; e oeste, estrada. Inscrición: figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui, no tomo 836, libro 48, folio 55, predio rexistral número 11.482, inscrición 1ª.

Referencia catastral: 36036A004008520000QA

Rexistro da Propiedade de Tui.

20.646,00 €

Non constan

20.646,00 €

1.000,00 €

16

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: urbano. Terreo a toxeira, denominado Broallos de Machado, da superficie de trescentos noventa e cinco metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter uns cincocentos cincuenta e oito metros con vinte e sete decímetros cadrados (558,27 m2). Estrema: norte, Manuel Alonso; sur, Agustín Rodríguez; leste, Oliva Vicente; e oeste, Manuel Rodríguez.

Rexistro da Propiedade de Tui.

14.515,00 €

Non constan

14.515,00 €

1.000,00 €

17

Termo municipal de Santa María de Oia, parroquia de Mougás, provincia de Pontevedra. Descrición: urbano. Terreo a monte toxal denominado Broallos, da superficie de seiscentos metros cadrados, ben que por recente medición resulta ter catrocentos cincuenta e nove metros con trinta e sete decímetros cadrados (459,37 m2). Estrema: norte, Rosa Losada; sur, Benedicta Losada; leste, María Rubio; e oeste, Nerísima Cuevas.

Rexistro da Propiedade de Tui.

11.944,00 €

Non constan

11.944,00 €

1.000,00 €

Debedor: Limiasa Promociones, S.L. Uniperson CIF: B36876829

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

18

Vehículo matrícula: 0897DNT, marca: Audi, modelo: A6, tipo: Turismo, Bastidor: WAUZZZ4B42N062405, data de matriculación: 4.8.2005.

3.700,00 €

Non constan

3.700,00 €

250,00 €

Debedor: Promociones Urbanas Rama, S.L. CIF: B36992485

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

19

Predio 5936 piso segundo dereita, que se identifica no Rexistro Catastral co número 02. Está integrado no edificio que se describe a seguir: Urbano. Casa sinalada na actualidade co número 40 - antes 48-50- da rúa Vázquez Varela, composta na actualidade de planta baixa, tres pisos e un soto, divididos a dereita e esquerda; consta a planta baixa de tres vivendas, o soto dun local e cada un dos pisos altos de catro vivendas, que constitúen un total de quince vivendas. Ocupa a superficie de cento setenta e oito metros e setenta e dous e medio decímetros cadrados e estrema: ao norte ou dereita entrando pola rúa Vázquez Valera, coa rúa de Ecuador; sur ou esquerda, casa número 52, hoxe 42 da rúa de Vázquez Varela, de José Tomé; leste ou fronte, coa rúa de Vázquez Varela, e oeste ou fondo, de Edmundo García Bernal e Claudino Carracedo Toucedo, hoxe con edificio número 88 da rúa Ecuador, que está despois do patio que forma parte desta casa número 40 da rúa Vázquez Varela.

Referencia catastral: 3657009NG2735N0012GE.

Promociones Urbanas Rama, 100 % pleno dominio deste predio por título de compravenda.

Inscrición 31ª, tomo 1347, libro 1347, folio 121, Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo.

Segundo escritura formalizada ante o notario José Pedro Riol o 9 de agosto de 2007 co número de protocolo 2.388.

68.460,00 €

Non constan

68.460,00 €

1.000,00 €

20

Predio 5936 planta baixa (baixo C), que polo desnivel da rúa resulta ser entresollado, sito á esquerda entrando no portal, integrado na casa sinalada na actualidade con número 40 –antes 48-50– da rúa Vázquez Varela, en Vigo, composta de planta baixa, tres pisos e un soto, divididos a dereita e esquerda, constando a planta baixa de tres vivendas, o soto de cinco e cada un dos pisos altos de catro, que constitúen un total de vinte vivendas.

Ocupa a superficie de cento setenta e oito metros e setenta e dous e medio decímetros cadrados e estrema: ao norte ou dereita entrando pola rúa Vázquez Varela, coa rúa de Ecuador; sur ou esquerda, coa casa número 52 da rúa Vázquez Varela, de José Tomé; leste ou fronte, coa rúa de Vázquez Varela, e oeste ou fondo, de Edmundo García Bernal e Claudino Carracedo Toucedo.

A planta baixa obxecto desta transmisión ten entrada particular pola porta da esquerda do portal número corenta (40) da rúa Vázquez Varela; mide corenta e un metros cadrados aproximadamente e estrema: fronte, rúa Vázquez Varela: fondo, planta baixa apartamento número dous, hoxe, José Manuel Fernández Miranda e Matilde Mera Monroy; dereita, portal de entrada, e pola esquerda, coa casa número 42 da rúa Vázquez Varela.

Referencia catastral: 3657009NG2735N0006SM.

Promociones Urbanas Rama, 100 % pleno dominio deste predio por título de compravenda.

Inscrición 30ª, tomo 1347, libro 1347, folio 120.

Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo.

Segundo escritura formalizada ante o notario José Pedro Riol o 31 de decembro de 2007 co número de protocolo 3.644.

72.080,00 €

Non constan

72.080,00 €

1.000,00 €

21

Predio de Vigo nº 76139, Urbano. Apartamento sinalado co número oito piso segundo dereita, do inmoble número corenta e oito – cincuenta, hoxe corenta, da rúa Vázquez Varela, desta cidade de Vigo, cunha superficie aproximada edificada de trinta e sete metros cadrados, distribuídos en vestíbulo, tres habitacións, cociña e retrete. Ocupa este departamento o chaflán das rúas Vázquez Varela e Ecuador, e estrema: fronte ou leste, coa rúa Vázquez Varela; dereita ou norte, rúa de Ecuador; esquerda ou sur, co apartamento número dez do mesmo piso; e oeste ou costas, co apartamento número nove de igual piso. Ten servizo de entrada independente pola escaleira xeral da rúa Vázquez Varela.

Referencia catastral: 3657009NG2735N0011FW.

Valórase para efectos de beneficios e cargas e a calquera outro en catro enteiros vinte e cinco centésimas por cento do valor total do inmoble.

Titularidades: Promociones Urbanas Rama, S.L.,

CIF: B36992485

Dereito: pleno dominio totalidade deste predio título: compravenda

Inscrición: Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 1248, libro 1248, folio 126, inscrición 4ª.

44.440,00 €

Non constan

44.440,00 €

1.000,00 €

Debedor: Barrientos García, Margarita María NIF: 35945296E

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

22

Predio: 3217, Municipio: Baiona. Natureza do predio: inculto. Localización: vía pública: Covaterreña. Superficie: terreo: trinta e seis áreas, corenta centiáreas, nove mil setecentos centímetros cadrados.

Descrición do predio: terreo a labradío sequeiro no sitio de Covaterreña denominado Campo do Crego, parroquia e municipio de Baiona, inculto na súa maior parte.

Titularidades: Barrientos García, Margarita, 35945296E.

Inscrición: Rexistro da Propiedade nº 4 de Vigo, tomo 1644, libro 244, folio 210, alta 2.

Propiedade: 1/3 do pleno dominio con caracter privativo por título de herdanza. 1/3 dos dereitos de herdanza por herdanza da súa falecida nai Margarita García Santiso.

248.556,00 €

Non constan

248.556,00 €

1.000,00 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Vigo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria e que, nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade a súa realización, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artígo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, neste caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo dun mes desde o seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Vigo, 14 de abril de 2014

Javier Sánchez García
Recadador de zona de Vigo