Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 31 de marzo de 2014, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica ás persoas interesadas o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-009/08.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 31 de marzo de 2014

Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expte. por falta de pagamento: P-009/08

Expte. de construción: PO-2001NR/01, conta 51.

Nome: Montserrat Serrat Guerrero.

Enderezo: poboado mineiro de Fontao, vivenda 51, bloque 6, baixo C-D, Vila de Cruces, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: consonte o artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, requirímolo para o pagamento dos 24 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes ao alugamento da súa vivenda por un importe total de 2.550,33 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 27.2.2014, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1.1.2008 e o 1.2.2014. Fáiselle constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo coas obrigas dimanantes do contrato que vostede subscribiu, co artigo 142 do Regulamento de VPO e co artigo 84 da LRX-PAC, concédeselle un prazo de dez (10) días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Novagalicia Banco, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial e achegue a documentación que xulgue conveniente.

Advertímoslle que no caso de non atender este requirimento, se procedera á resolución do seu contrato.