Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21141

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 25 de abril de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Por Orde do 10 de marzo de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 57, do 24 de marzo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 10 de marzo de 2014 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. Conforme o establecido nos artigos 14 e 16.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción provisional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo; o cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Se na data en que debe cesar no seu destino o/a funcionario/a está gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, a persoa titular da consellería onde obteña o novo destino o/a funcionario/a poderá conceder unha prórroga de incorporación ata un máximo de vinte días hábiles, se o destino implica cambio de residencia e así o solicita o interesado por razóns xustificadas.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido la Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Pérez Estévez, José Javier.

NRP: 7690542635 A2059.

Grupo: C/C2.

Corpo/escala: corpo auxiliar da Xunta de Galicia

Denominación do posto: secretario/a do/a director/a xeral.

Código: MR.401.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Dependencia: Secretaría Xeral do Mar.

Localidade: Santiago de Compostela.