En virtude das ordes do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo); do 21 de novembro de 2008 (DOG núm. 234, do 2 de decembro) e do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo), e do 21 de novembro de 2008 (DOG núm. 234, do 2 de decembro), convocáronse, respectivamente, os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información; no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información, e no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de auxiliar de informática.
Mediante as ordes do 30 de setembro de 2013 (DOG núm. 191, do 7 de outubro); do 14 de xullo de 2010 (DOG núm. 137, do 20 de xullo) e do 30 de novembro de 2012 (DOG núm. 235, do 11 de decembro); e do 23 de setembro de 2010 (DOG núm. 188, do 29 de setembro), foron nomeados/as funcionarios/as das ditas escalas e adxudicáronselles destinos provisionais aos aspirantes que superaron o respectivo proceso selectivo.
En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran nas ordes do 30 de setembro de 2013; do 14 de xullo de 2010 e do 30 de novembro de 2012; e do 23 de setembro de 2010, citadas anteriormente, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 1 (grande) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 12 de maio de 2014, ás 10.00 horas.
Segundo. Os/as funcionarios/as convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan nos anexos desta orde para cada subgrupo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel e pola orde que a continuación se indica:
1º. Aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo). De acordo coa base IV.5, os/as aspirantes do sistema de promoción interna terán preferencia sobre os/as do sistema de acceso libre.
2º. Aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de promoción interna para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008 (DOG núm. 234, do 2 de decembro), e que non ocupan un posto con carácter definitivo aberto á dita escala (base IV.6) e que a continuación se especifican:
DNI |
Apelidos e nome |
33328812H |
Pinal Moreira, Federico |
76970584A |
Vidal Ces, David |
33294650B |
Rodríguez Grille, Emilio José |
3º. Aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008 (DOG núm. 234, do 2 de decembro).
4º. Aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo).
5º. Aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de auxiliar de informática convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008 (DOG núm. 234, do 2 de decembro). De acordo coa base IV.5, os/as aspirantes do sistema de promoción interna terán preferencia sobre os/as do sistema de acceso libre.
Terceiro. Os/as funcionarios/as convocados/as elixirán destino segundo a orde acadada no proceso selectivo.
Cuarto. Os/as funcionarios/as deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.
Quinto. Aos/as funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas no respectivo anexo, segundo o subgrupo e o número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/as aspirantes presentes ou representados/as en cada proceso selectivo, entre as que quedasen sen adxudicar.
Sexto. Exceptúanse do disposto no punto anterior os/as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación e non teñan a obriga de permanecer nel segundo as bases da respectiva convocatoria. Neste caso, a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.
Sétimo. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular regulada no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, en redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.
Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda