Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20980

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (181/2014).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 181/2014 de esta sección, seguido por instancia de Sabico Seguridad, S.A. contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e outros, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa Sabico Seguridad, S.A. contra a sentenza do 7 de xuño de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo, en autos 969/2012 seguidos por instancia de José Gayoso Fernández contra a recorrente e contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a sentenza de instancia, coa perda do depósito constituído para recorrer. Déase ás consignacións e depósitos realizados o destino legal oportuno, con imposición de custas á recorrente na contía antes citada.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de abril de 2014

A secretaria xudicial