Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20981

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (168/2014).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 168/2014, seguido por instancia de Sabico Seguridad, S.A. contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que, con desestimación do recurso interposto pola empresa Sabico Seguridad, S.A., confirmamos a sentenza que, con data do 7 de xuño de 2013, foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 de Lugo por instancia de José Benito Rodríguez López e pola que se acolleu parcialmente a demanda formulada.

Así mesmo, condenamos a parte recorrente a que, polo concepto de honorarios, satisfagan 900 euros ao letrado da parte impugnada. E igualmente acordamos, de ser o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de abril de 2014

A secretaria xudicial