Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de desenvolvemento dunha plataforma de almacenamento, custodia e xestión da documentación electrónica dentro do subproxecto IS-14: sistema integrado de dixitalización, indexación, custodia e xestión de información clínica (AB-SER1-13-070).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-13-070.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento dunha plataforma de almacenamento, custodia e xestión da documentación electrónica dentro do subproxecto IS-14: sistema integrado de dixitalización, indexación, custodia e xestión de información clínica.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 205, do 25 de outubro de 2013.

Boletín Oficial del Estado nº 252, do 21 de outubro de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2013/S 200-346324, do 15 de outubro de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 644.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 644.000 euros. Importe total: 779.240 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 28.2.2014.

b) Data de formalización: 21.3.2014.

c) Contratista: Queres Tecnologías, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 611.800 euros. Importe total: 740.278 euros.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos