Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 10 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no curso do procedemento de cambio de titularidade dunha vivenda de promoción pública situada no concello de Vigo (expediente PO.83/530, cta. 25), por medio do cal se sinala a comparecencia aos interesados.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por descoñecer o domicilio dos interesados que se relacionan no anexo, emprázanse estes para que comparezan no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia nº 7, 4º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lle dará conta do acto que se intenta notificar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 10 de abril de 2014

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

Anexo

Expediente: PO.83/530, cta. 25.

Nome dos interesados: Isidro Martínez Montes e Carlos Martínez Montes.

Último domicilio coñecido: rúa Gregorio Espino nº 47, 1º D, Vigo.

Indicación do contido do acto: trámite de alegacións no procedemento de cambio de titularidade da vivenda.