Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se dispón a publicación da modificación dos estatutos da entidade Nespereira, Sociedad Cooperativa Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establécese a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos (domicilio social), da entidade Nespereira, Sociedad Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral extraordinaria do 15 de febreiro de 2014 por unanimidade de votos. Consta como novo domicilio social a avenida Ramón Nieto, 126, 4º O, do concello de Vigo.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos (domicilio social), da entidade Nespereira, Sociedad Cooperativa Galega.

Vigo, 9 de abril de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo