Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria non suxeito a regulación harmonizada, do servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (expediente 9/2014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 9/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/8.

Lotes:

• Lote 1: accións formativas Linux, programa educativo LPI.

1. Accións formativas que comprende:

– Administración de sistemas operativos Linux LPI1 (edición de mañá prioritaria para desempregados).

– Administración de sistemas operativos Linux LPI1 (edición de tarde).

– Administración avanzada de sistemas operativos Linux LPI2 (edición prioritaria para desempregados).

– Administración avanzada de sistemas operativos Linux LPI2 (edición de tarde).

• Lote 2: accións formativas en tecnoloxía Cisco.

2. Accións formativas que comprende:

– Administración avanzada de redes Cisco, CCNA routing & switching (edición de mañá 2014).

– Administración avanzada de redes Cisco, CCNA routing & switching (edición de mañá 2015).

– Seguridade en redes. CCNA security (edición de mañá).

• Lote 3: accións formativas en materia de xestión e dirección de proxectos IT.

3. Accións formativas que comprende:

– Fundamentos de ITIL (edición de mañá).

– Fundamentos de ITIL (edición de tarde prioritaria para ocupados/as).

– Dirección de proxectos baseados en PMBoK con ferramentas Open source de xestión de proxectos.

– Prince2 Foundation (edición de tarde).

– Dirección de proxectos informáticos, certificación PMO (edición de mañá).

– Dirección de proxectos informáticos, certificación PMP (edición de tarde, prioritaria para ocupados/as).

• Lote 4: Accións formativas en materia de virtualización, VMware.

4. Accións formativas que comprende:

– Instalación e configuración de VMware vSphere v5.5. (edición de mañá).

– Instalación e configuración de VMware vSphere v5.5. (edición de tarde, prioritaria para ocupados).

• Lote 5: accións formativas relacionadas con metodoloxías áxiles de xestión de proxectos, Scrum Manager.

5. Accións formativas que comprende:

– Xestión de proxectos con Scrum Manager (edición de mañá).

– Xestión de proxectos con Scrum Manager (edición de tarde, prioritaria para ocupados).

– Técnicas áxiles no desenvolvemento de software: automatización, pair programming, TDD e refactorización (edición de tarde).

• Lote 6: accións formativas relacionadas con tecnoloxía Microsoft.

6. Accións formativas que comprende:

– Administración de sistemas MS Windows Server 2012 (edición de mañá prioritaria para desempregados/as).

– Administración de sistemas MS Windows Server 2012 (edición de tarde prioritaria para ocupados/as).

– Administración de bases de datos SQL Server 2012 (edición de tarde).

– Desenvolvemento de aplicacións web con ASP.NET MCSD Web Apps (edición de mañá).

– Desenvolvemento avanzado de solucións SharePoint 2013 (edición de tarde).

– Administración automatizada con Microsoft Windows Power Shell (edición de tarde).

– Xestión de proxectos con MS Project 2013 (edición de mañá prioritaria para desempregados/as).

– Xestión de proxectos con MS Project 2013 (edición de tarde prioritaria para ocupados/as).

• Lote 7: accións formativas relacionadas con tecnoloxía Oracle.

7. Accións formativas que comprende:

– Administración de bases de datos Oracle 12c (edición de mañá prioritaria para desempregados/as).

– Administración de bases de datos Oracle 12c (edición de tarde prioritaria para ocupados/as).

– Programación en Java, análise orientada a obxectos con UML (edición de mañá prioritaria para desempregados/as).

– Programación en Java, análise orientada a obxectos con UML (edición de tarde).

– Desenvolvemento de servizos web con tecnoloxía Java, J2EE & JPA (edición de mañá).

– Desenvolvemento de servizos web con tecnoloxía Java, J2EE & JPA (edición de tarde, prioritaria para ocupados).

– Desenvolvemento de aplicacións Java para móbiles (edición de tarde).

– Desenvolvemento de aplicacións web con PHP e MySQL sobre Apache (edición de mañá prioritaria para desempregados).

– Desenvolvemento de aplicacións web con PHP e MySQL sobre Apache (edición de tarde).

• Lote 8: accións formativas relacionadas con bases de datos con NoSQL, MongoDB.

8. Accións formativas que comprende:

– Administración e desenvolvemento de bases de datos MongoDB (edición de mañá).

– Administración e desenvolvemento de bases de datos MongoDB (edición de tarde prioritaria para ocupados).

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: establécese para cada lote, contado desde a sinatura dos contratos respectivos. Con carácter xeral, o prazo de execución será desde a sinatura do contrato ata o 30 de xuño de 2015. Para o caso concreto dos lotes 4 (formación VMware) e 8 (formación MongoDB) a data de remate será o 31 de decembro de 2014.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 80500000-9 servizos de formación.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: cincocentos setenta e seis mil catrocentos sesenta euros (576.460,00 €).

5. Orzamento.

a) Orzamento base de licitación: cincocentos setenta e seis mil catrocentos sesenta euros (576.460,00 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

b) Orzamento distribuído por anualidades segundo os lotes:

• Lote 1: accións formativas Linux, programa educativo LPI.

2014: 30.400,00 €.

2015: 30.400,00 €.

Total: 60.800,00 €.

• Lote 2: accións formativas en tecnoloxía Cisco.

2014: 26.000,00 €.

2015: 42.500,00 €.

Total: 68.500,00 €.

• Lote 3: accións formativas en materia de xestión e dirección de proxectos IT.

2014: 24.750,00 €.

2015: 50.950,00 €.

Total: 75.700,00 €.

• Lote 4: accións formativas en materia de virtualización, VMware.

2014: 31.000,00 €.

Total: 31.000,00 €.

• Lote 5: accións formativas relacionadas con metodoloxías áxiles de xestión de proxectos, Scrum Manager.

2014: 15.000,00 €.

2015: 7.900,00 €.

Total: 22.900,00 €.

• Lote 6: accións formativas relacionadas con tecnoloxía Microsoft.

2014: 38.850,00 €.

2015: 71.710,00 €.

Total: 110.560,00 €.

• Lote 7: accións formativas relacionadas con tecnoloxía Oracle.

2014: 81.000,00 €.

2015: 98.000,00 €.

Total: 179.000,00 €.

• Lote 8: accións formativas relacionadas con bases de datos con NoSQL, MongoDB.

2014: 28.000,00 €.

Total: 28.000,00 €.

As actividades obxecto desta contratación están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do programa operativo Adaptabilidade e emprego 2007ESOUPO001 período de programación 2007-2013.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación dos lotes para os que presentasen a proposición económica máis vantaxosa.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: véxanse cláusulas 8.1.1. e) e f) do PCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que se presentará: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

– Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

– Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

– Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20400

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar