Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de abril de 2014 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 91/2014 no expediente de reposición da legalidade IU1/37/2011, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña, en relación co procedemento ordinario núm. 91/2014, interposto por Juan Celestino Piñeiro Amigo contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística número IU1/37/2011, pola que declara as obras consistentes na división dun terreo en seis porcións e a posterior edificación de tres vivendas, unha edificación auxiliar, unha piscina e un invernadoiro noutra, no lugar de Faxón-O Seixal, parroquia de Bembibre, Concello de Val do Dubra, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a David Souto Álvarez e a Encarnación Parcero Cancela para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística