Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública unha notificación de requirimento para facerse cargo de ben incautado (PESAN1 2010/001631-1).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que a continuación se relaciona a notificación de requirimento para facerse cago do ben incautado.

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2010/001631-1.

Interesado: Santiago López Domínguez.

DNI: 33281563B.

Enderezo: A Garita, nº 7, O Xobre, A Pobra do Caramiñal.

A Coruña, 3 de abril de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña