Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente o anteproxecto dunha instalación eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2013/194).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa do anteproxecto da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: subestación transformadora Visantoña.

Situación: concello de Mesía.

Características técnicas: subestación transformadora 66/20 kV, de tecnoloxía intemperie tradicional (AIS), con dobre seccionador, implementada con equipamentos de exterior onde o corte se realiza baixo atmosfera SF6 e os demais equipamentos posuirán illamento ao aire entre fases. A súa topoloxía responde á seguinte configuración:

– Sistema de 66 kV:

- Dúas posicións de liña 66 kV (entrada/saída).

- Unha posición de transformador 66/20 kV.

- Un sistema de medida de tensión en barras.

- Un transformador de potencia de 20 MVA (ONAN).

– Sistema de 20 kV:

- Conxunto de autoválvulas, illadores de apoio e caixas terminais de exterior (conexión do trafo de potencia coa sala de celas).

- Edificio de control onde se albergarán os equipamentos de control, protección, medida e comunicacións.

- Instalación de interior, en sala independente do edificio de control, cunha configuración eléctrica en simple barra, formada por un módulo de celas blindadas, illadas en SF6 e corte ao aire, coa seguinte distribución:

- Unha (1) cela de liña de entrada de trafo 66/20 kV.

- Oito (8) celas de saída liña.

- Unha (1) cela de medida.

- Unha (1) cela de transformador de servizos auxiliares.

Liña aérea DC 66 kV en condutor LA-180 e fibra óptica OPGW-48, dunha lonxitude de 30 metros, coa orixe no apoio existente de LAT DC 220-66 kV Mesón-Teixeiro e remate no pórtico da subestación proxectada.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar administrativamente o anteproxecto da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

De acordo co establecido no artigo 128.4 do devandito Real decreto 1955/2000, establécese un prazo dun ano contado a partir da publicación desta resolución, para presentar a solicitude de aprobación do proxecto de execución desta instalación. Transcorrido o dito prazo sen solicitar tal aprobación, a presente solicitude de autorización entenderase caducada, podendo solicitar o peticionario, por razóns xustificadas, prórrogas deste prazo establecido.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 20 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña