Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 9 de abril de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica a exclusión da unidade familiar do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia da persoa interesada.

En cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle á interesada, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a exclusión da unidade familiar no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

Porén, en aplicación do disposto nos artigos 25 e seguintes do citado Decreto 1/2010, concédeselle un prazo de dez días contado desde o día seguinte a esta publicación, para que poida formular alegacións e presentar todos os documentos e xustificacións que considere oportunos.

Ourense, 9 de abril de 2014

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Interesada: María Teresa Louzao Romero.

Domicilio: Río Támega, 29, 2º, 32001 Ourense.

Credencial: 52267.