En cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, consonte o previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992.
Ourense, 9 de abril de 2014
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Interesado: Iván Álvarez Pérez.
Domicilio: Grupo San Benito, 5, 3º esq., 32660 Allariz.
Credencial: 53919.
Interesado: Ricardo Colmenero Salgado.
Domicilio: Cabreiroá, 3, 3º B, 32600 Verín.
Credencial: 57939.