Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20288

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (831/2012).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Familia de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos de xuízo ordinario nos cales se ditou a seguinte:

«Sentenza nº 191.

En Vigo o dezaoito de marzo de dous mil catorce.

Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, como xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario nº 831/2012, seguidos por instancia de Mª Mercedes Carrera Fernández, representada pola procuradora Sra. González Martínez e asistida pola letrada Sra. Novas Garrido, contra Antonio Franqueira Cal, en situación procesual de rebeldía; coa intervención do Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que, estimando como estimo integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. González Martínez, en nome e representación de Mª Mercedes Carrera Fernández, contra Antonio Franqueira Cal, acordo a privación da patria potestade do demandado respecto dos seus fillos Abel e Bruno Franqueira Carrera, que en diante corresponde en exclusiva á demandante; sen especial imposición de custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte á súa notificación.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Antonio Franqueira Cal, en ignorado paradoiro expido e asino o presente.

Vigo, 10 de abril de 2014

A secretaria