Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica reelectrificación de Granda e Lentille (Xoibán) e Muíño Novo (Gaibor), nos concellos de Vilalba e Begonte (expediente 020/2007 AT).

O día 4 de decembro de 2013, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas dictou resolución pola que se autoriza administrativamente, se declara, en concreto, a utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica reelectrificación de Granda e Lentille (Xoibán) e Muíño Novo (Gaibor) (DOG do 30 de decembro de 2013) que afecta os concellos de Vilalba e Begonte a favor da entidade beneficiaria BEGASA con domicilio na rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar o día 28 de maio de 2014 todas as persoas afectadas cos que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo á presente resolución e tamén que se publica no taboleiro de anuncios do concello de Castro de Rei deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 4 de maio de 2013, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia do 24 de maio de 2013, para que comparezan no concello sinalado, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas, así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Castro de Rei estará exposta a data do levantamento de actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla 70, Lugo) ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emendar os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostas sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se poida practicar e, así, dirixir as dilixencias ao Ministerio fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 4 de abril de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Ref. catastral

Apoio

Afeccións


predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

m2

ml
aér.

m2
aér.

1

170

550

Prados do Armeal

Prado

José Luis Veiga Veiga

Lugar da Igrexa, 21

27375 Xoibán. Vilalba, Lugo

8

137

2

170

551

Prados do Armeal

Plantación Chopo

Oliva Gesto Díaz

A Escoira, 5

27375 Xoibán. Vilalba, Lugo

27

416

3

170

184

Portobello

Prado

Jesús Suárez Cabarcos

Rúa Alexandre Bóveda, 28

27003 Lugo, Lugo

1

1,5

5

91

8

170

555

Prados do Armeal

Prado

Felisa Veiga Carreira

Lg. Arcillá. Casa Sixto, 6

27379 Arcillá. Cospeito, Lugo

54

855

9

170

556

Prados do Armeal

Prado

José Ramón Cabarcos Gesto

Lg. A Granda

27375 Xoibán, Vilalba, Lugo

18

286

10

170

557

Prados do Armeal

Prado

Oliva Gesto Díaz

A Escoira, 5

27375 Xoibán. Vilalba, Lugo

11

169

11

170

558

Prados do Armeal

Prado

José Cabarcos Díaz

Rúa Luis Luciano Bonaparte, 15-6º C

48004 Bilbao. Bilbao, Vizcaya

3[CT] (1/2)

0,75

49

785

12

170

559

Prados do Armeal

Prado

Antonio Brañas Novas

Lugar da Granda, 7

27375 Xoibán. Vilalba, Lugo

3[CT] (1/2)

0,75

62