Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 19950

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2014 pola que se publica o cambio de denominación do título de graduado ou graduada en Enxeñaría da Edificación pola de graduado ou graduada en Arquitectura Técnica por esta universidade.

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña aprobou o 10 de decembro de 2008 a memoria do Plan de estudos de graduado ou graduada en Enxeñaría da Edificación, en virtude do estipulado no punto segundo do anexo da Resolución do 17 de decembro de 2007, da Secretaría do Consello de Universidades, do 14 de decembro de 2007, polo que se establecen as condicións a que deberán adecuarse os plans de estudo conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio da profesión regulada de arquitecto técnico. Esta denominación foi adoptada para este título nun principio polas universidades españolas que imparten este grao. Tras a dita aprobación, a Universidade iniciou os trámites necesarios para obter a verificación por parte do Consello de Universidades e a autorización da Comunidade Autónoma, e resultou finalmente aprobado en Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009 e rexistrado no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT). O plan de estudos correspondente foi publicado no Boletín Oficial del Estado do 16 de febreiro e no Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro de 2011.

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Industriais interpuxo recurso contencioso-administrativo contra a Resolución do 17 de decembro de 2007, da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 14 de decembro de 2007 polo que se establecen as condicións a que deberán adecuarse os plans de estudos conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio da profesión regulada de arquitecto técnico (Boletín Oficial del Estado do 21 de decembro de 2007) e contra a Orde ECI/3855/2007, do 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de arquitecto técnico (Boletín Oficial del Estado do 29 de decembro de 2007). A Sentenza do Tribunal Supremo (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 4) do 9 de marzo de 2010 estimou o citado recurso e decidiu a anulación nas ditas disposicións das epígrafes correspondentes en que se inclúe a denominación de graduado ou graduada en Enxeñaría da Edificación.

Por outra parte, posteriores sentenzas do Tribunal Supremo (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 4ª, de datas 22 de febreiro de 2011 e do 2 de outubro de 2012) e do Tribunal Constitucional (STC 183/2011, do 21 de novembro) corroboran a anulación da dita denominación.

No mes de abril de 2011 O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Industriais anunciou ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a interposición dun recurso contencioso-administrativo directo contra a denominación do título contido na Resolución reitoral do 1 de febreiro de 2011, así como un recurso indirecto contra o Acordo do Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009 (Boletín Oficial del Estado do 5 de xaneiro de 2010).

Mediante Auto do 15 de xullo de 2011, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia concédelle á parte demandante medida cautelar de suspensión da denominación de «graduado ou graduada en Enxeñaría da Edificación», titulación impartida na Universidade da Coruña. Tras ser presentado recurso de reposición contra este auto, foi desestimado mediante outro auto da mesma sala do 27 de abril de 2012, que confirmaba a medida cautelar de prohibición da Universidade de conceder títulos con esa concreta denominación.

Mediante escrito presentado o 4 de xullo de 2012 ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo, a Universidade da Coruña solicita a nulidade das actuacións en relación coa Sentenza do Tribunal Supremo do 22 de febreiro de 2011. Mentres, mediante Providencia do 17 de xullo de 2012, o Tribunal Supremo notifica que non procede o incidente de nulidade solicitado.

Para dar cumprimento a estas sentenzas do Tribunal Supremo, a Universidade da Coruña aprobou o cambio de denominación do título de graduado ou graduada en Enxeñaría da Edificación polo de graduado ou graduada en Arquitectura Técnica por resolución do seu Consello de Goberno de data do 21 de marzo de 2013, que obtivo informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia con data do 25 de novembro de 2013 para a nova denominación e a súa inclusión no RUCT.

Polo exposto, esta reitoría, en virtude do disposto no artigo 28.3 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, na redacción dada polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, que modifica o anterior, resolve ordenar a publicación do mencionado cambio de denominación do título de graduado ou graduada en Enxeñaría da Edificación polo de graduado ou graduada en Arquitectura Técnica pola Universidade da Coruña, así como a publicación do plan de estudos correspondente.

Esta resolución deixa sen efecto a Resolución reitoral de data 1 de febreiro de 2011, pola que se publicou inicialmente o plan de estudos do título agora modificado (Boletín Oficial del Estado do 16 de febreiro e Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro de 2011).

A Coruña, 9 de abril de 2014

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Grao en Arquitectura Técnica pola Universidade da Coruña

Rama de coñecemento Enxeñaría e Arquitectura

5.1. Estrutura das ensinanzas.

5.1.1. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS:

Tipo de materia

Créditos

Formación básica (FB)

60

Obrigatorias (OB)

150

Optativas (OP) ou prácticas externas (PE)

18

Traballo fin de grao (TFG)

12

Total

240

5.1.2. Créditos de formación básica. Distribución en materias:

Rama de coñecemento

Materia

(RD 1393/2007, do 29 do outubro)

Disciplina

ECTS

Curso

Enxeñaría e Arquitectura

Matemáticas

Matemáticas I

6

1

Matemáticas II

6

1

Física

Física Aplicada I

6

1

Física Aplicada II

6

1

Expresión Gráfica

Xeometría Descritiva

6

1

Expresión Gráfica Arquitectónica I

6

1

Empresa

Economía e Organización de empresa

6

1

Química

Materiais I

6

1

Física

Instalacións I

6

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

Dereito

Dereito Privado da Edificación

6

1

5.1.3. Plan de estudos resumido (por módulos):

Módulo

Disciplina

Carácter

MB/OB/OP

Créditos

ECTS

Matemáticas

Matemáticas I

FB

6

Matemáticas II

FB

6

Física

Física Aplicada I

FB

6

Física Aplicada II

FB

6

Representación Gráfica

Expresión Gráfica Arquitectónica I

FB

6

Expresión Gráfica Arquitectónica II

OB

6

Xeometría Descritiva

FB

6

Xeometría da Representación

OB

6

Topografía

OB

6

Economía

Economía e Organización de Empresas

FB

6

Medición, Presupostos e Control Económico

OB

6

Dereito

Dereito Privado da Edificación

FB

6

Dereito Público da Edificación

OB

6

Construción

Materiais I

FB

6

Materiais II

OB

6

Materiais III

OB

6

Construción I

OB

6

Construción II

OB

6

Construción III

OB

6

Construción IV

OB

6

Patoloxía e Rehabilitación

OB

6

Tecnoloxía Instalacións

Instalacións I

FB

6

Instalacións II

OB

6

Instalacións III

OB

6

Medicións Acústicas en Edificación

OP

6

Tecnoloxía Estruturas

Estruturas I

OB

6

Estruturas II

OB

6

Estruturas III

OB

6

Métodos Experimentais de Inspección Estruturas

OP

6

Proxecto

Proxectos Técnicos I

OB

6

Proxectos Técnicos II

OB

6

Xestión Inmobiliaria, Taxacións e Peritacións

OB

6

Xestión da Calidade, Seguro e Medio Ambiente

OB

6

Equipos Medios Auxiliares e de Seguridade

OB

6

Seguridade e Prevención

OB

6

Xestión do Proceso

Organización, Programación e Control

OB

6

Dirección, Xefatura e Xestión de Obras

OB

6

Optativas

Historia dos Procesos Construtivos na Edificación

OP

6

Patrimonio Arquitectónico Galego

OP

6

Deseño de Interiores, Xardinaría e Paisaxe

OP

6

Inglés Técnico

OP

6

Prácticas externas

OP

18

Traballo fin de grao

Traballo fin de grao

OB

12

5.1.4. Plan de estudos resumido (por curso académico):

Primeiro curso.

Disciplina

Carácter

Cuadrimestre

Créditos

Matemáticas I

FB

6

Física Aplicada I

FB

6

Materiais I

FB

6

Xeometría Descritiva

FB

6

Dereito Privado da Edificación

FB

6

Matemáticas II

FB

6

Física Aplicada II

FB

6

Expresión Gráfica Arquitectónica I

FB

6

Construción I

OB

6

Economía y Organización de Empresa

FB

6

Segundo curso.

Disciplina

Carácter

Cuadrimestre

Créditos

Construción II

OB

6

Materiais II

OB

6

Expresión Gráfica Arquitectónica II

OB

6

Instalacións I

FB

6

Dereito Público da Edificación

OB

6

Materiais III

OB

6

Construción III

OB

6

Xeometría da Representación

OB

6

Estruturas I

OB

6

Topografía

OB

6

Terceiro curso.

Disciplina

Carácter

Cuadrimestre

Créditos

Organización, Programación e Control

OB

6

Construción IV

OB

6

Proxectos Técnicos I

OB

6

Instalacións II

OB

6

Estruturas II

OB

6

Equipos, Medios Auxiliares e de Seguridade

OB

6

Proxectos Técnicos II

OB

6

Dirección, Xefatura e Xestión de Obras

OB

6

Patoloxía e Rehabilitación

OB

6

Medicións, Presupostos e Control Económico

OB

6

Cuarto curso.

Disciplina

Carácter

Cuadrimestre

Créditos

Seguridade e Prevención

OB

6

Xestión da Calidade, Seguridade e Medio Ambiente

OB

6

Xestión Inmobiliaria, Taxacións e Peritacións

OB

6

Estruturas III

OB

6

Instalacións III

OB

6

Trabajo fin de grado

OB

12

Optativa I

OP

6

Optativa II

OP

6

Optativa III

OP

6

Optativas.

Disciplina

Créditos

Inglés Técnico

6

Historia dos Procesos Construtivos na Edificación

6

Métodos Experimentais de Inspección de Estruturas

6

Medicións Acústicas en Edificación

6

Patrimonio Arquitectónico Galego

6

Deseño de Interiores, Xardinaría e Paisaxe

6

Prácticas externas

18