Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 19969

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4194/2011).

Secretaria: Sra. Freire Corzo.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4194/2011 IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 189/2011 Xulgado do Social número 1 de Ourense.

Recorrente: Fogasa.

Recorridos: Disgapor, S.L. Unipersonal, José Manuel Delgado Outeiriño, Andrés García Lorenzo, Miguel López Franco, Juan Carlos Pardo Pumariño, David Soares dos Anjos.

Avogados: Enrique A. Álvarez Santana e María Elvira Silva Varela.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4194/2011 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra a empresa Disgapor, S.L. Unipersonal, José Manuel Delgado Outeiriño, Andrés García Lorenzo, Miguel López Franco, Juan Carlos Pardo Pumariño, David Soares dos Anjos, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado do Estado substituto, na representación que ten acreditada do Fondo de Garantía Salarial contra a sentenza de data dous de xuño de dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Ourense, en autos seguidos por instancia de José Manuel Delgado Outeiriño, Andrés García Lorenzo, Miguel López Franco, Juan Carlos Pardo Pumariño e David Soares dos Anjos contra a empresa Disgapor, S.L.U., sobre cantidade, nos cales foi parte a entidade recorrente, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada, e declaramos a prescrición respecto ao Fondo de Garantía Salarial de que as cantidades reclamadas por José Manuel Delgado Outeiriño, correspondentes aos meses de novembro e decembro de 2009 e xaneiro de 2010, por un importe total de mil catrocentos oitenta e dous euros con noventa e catro céntimos (1.482,94 euros), mantendo o resto dos pronunciamentos da resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, modificada polo Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro, modificada pola Orde HAP/490/2013, do 27 de marzo.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de abril de 2014

A secretaria xudicial