Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 19982

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 29 de Madrid

EDICTO (430/2013).

Procedemento ordinario 430/2013.

Materia: reclamación de cantidade.

Demandante: Edgar Agustín Jiménez Quezada.

Demandado: Ortiz Construcciones y Proyectos, S.A. e Sucomaga, S.L.

Edicto.

Cédula de citación a xuízo e a interrogatorio.

Órgano que ordena citar: Xulgado do Social número 29 de Madrid.

Asunto en que se acorda: xuízo nº 430/2013 promovido por Edgar Agustín Jiménez Quezada sobre reclamación de cantidade.

Persoa que se cita: Sucomaga, S.L. en concepto de parte demandada no devandito xuízo.

Obxecto da citación: asistir ao/aos acto/s de conciliación e xuízo e, se é o caso, responder ao interrogatorio solicitado por Sucomaga, S.L. sobre os feitos e circunstancias obxecto do xuízo e que o tribunal declare pertinente.

Lugar e data en que debe comparecer: na sede deste xulgado, sito na rúa Princesa, 3, 28008, Sala de Vistas nº 8.1, situada na planta oitava, o día 17.6.2014, ás 10.10 horas.

Advertencias legais:

1. A súa non comparecencia inxustificada non impedirá a celebración do xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

As seguintes comunicacións faranse nos estrados do xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentencia ou se se trata de emprazamento (artigo 59 da LXS).

2. Debe concorrer a xuízo con todos os medios de proba que intente valerse (artigo 82.2 da LXS).

3. Se pretende comparecer no xuízo asistido de avogado ou representado por procurador ou graduado social colexiado debe manifestalo a este xulgado por escrito dentro dos dous días seguintes á publicación do presente edicto (artigo 21.2 da LXS).

4. Se non comparece e non xustifica o motivo da non comparecencia, o tribunal poderá considerar recoñecidos os feitos controvertidos que o prexudiquen (artigo 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil –LAC–, en relación co artigo 91 da LXS), ademais de impoñerlle, logo de audiencia, unha multa de entre 180 e 600 euros (artigo 304 e 292.4 da LAC).

5. A publicación deste edicto serve de citación en legal forma á parte demandada que se encontra en ignorado paradoiro.

A persoa citada pode examinar os autos na Secretaría do Xulgado ata o día da celebración do xuízo.

Madrid, 10 de abril de 2014

Elena Mónica de Celada Pérez
Secretaria xudicial