O representante da titularidade do centro privado ICA, do concello de Vigo (Pontevedra), solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Coidados auxiliares de enfermaría e do ciclo formativo de grao superior (CS) Desenvolvemento de aplicacións informáticas; e a autorización do CM Atención a persoas en situación de dependencia e da educación secundaria para persoas adultas.
Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Primeiro.
1. Suprimir o CM Coidados auxiliares de enfermaría e o CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas no centro privado ICA, de Vigo.
2. Autorizar o CM Atención a persoas en situación de dependencia e a educación secundaria para persoas adultas, no centro privado que se sinala:
Denominación xenérica: centro privado.
Denominación específica: ICA.
Código: 36024082.
Enderezo: r/ Portela, 12.
Localidade: Vigo.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Titulares: Mª Carmen Martínez Sánchez e José Ramón López Vázquez.
Composición resultante:
– 1 CM Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades para 20 alumnos/as
cada unha).
– 1 CS Administración de sistemas informáticos en rede (2 unidades para 20 alumnos/as
cada unha).
– Educación secundaria para persoas adultas: nivel I e II (2 unidades).
Segundo.
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo de informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Terceiro.
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cuarto.
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2014
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria