Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de abril de 2014 polo que se notifican resolucións ditadas en expedientes en materia de dominio público hidráulico (DH.D15.41915 e DH.D15.31155).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións sancionadoras ditadas polo director de Augas de Galicia, en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

O importe da multa deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial, praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Unha vez firme a resolución sancionadora sen constancia do seu pagamento, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sitas no enderezo arriba indicado.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido
da resolución

Precepto
infrinxido

Cualificación

Sanción

Reposición

DH.D15.41915

Transportes Irlem, S.L.

Avda. de Galicia, 26-1º I, O Burgo, 15670 Culleredo

17.3.2014

Arquivamento

6.2 RD 1398/1993

DH.D15.31155

Juan José Castro Sanmartín

Conde Torre Cedeira, 8-P2 E, Vigo (Pontevedra)

31.1.2014

Sobresemento

85.j) LAG