Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de abril de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/34/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 11 de marzo de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Dolores Sampedro Ayaso, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a pereceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na execución dunha vivenda e dunha construción auxiliar, no lugar de Peteiras, Aguiño, no termo municipal de Ribeira, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística