Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2014 pola que se anuncia a contratación, mediante acordo marco e por procedemento aberto, da subministración sucesiva e por prezo unitario de material informático non inventariable para esta consellería (servizos centrais e xefaturas territoriais). Contratación documentalmente simplificada (expediente 01/2014 SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfonos: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5) Telefax: 981 54 49 49.

6) Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 01/2014 SXT.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezo unitario do material informático non inventariable definido no prego de prescricións técnicas (PPT) para a Consellería de Economía e Industria (servizos centrais e xefaturas territoriais).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: o prazo de duración do acordo marco será dun ano que se contará desde o día seguinte ao da súa sinatura. A duración do contrato ou contratos que se celebren baseados no acordo marco non poderán exceder, individual ou conxuntamente, o prazo de duración do acordo marco.

f) Admisión de prórroga: o acordo marco non será susceptible de prórroga.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 30237300-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, mediante acordo marco.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 113.141,44 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto 113.141,44 euros. Importe total 136.901,14 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (5.657,07 euros).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): deberán acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15781.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A e B).

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG. O prezo da publicación será de 10,82 euros por liña.

11. Outras informacións.

Para os efectos de comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que o contratista adxudicatario ha de facer aos posibles subcontratistas, o contratista remitiralle ao órgano de contratación, no caso de que llo solicite, a documentación citada na cláusula 18 do PCAP. As obrigas, tanto de presentar a dita documentación como a do cumprimento dos prazos de pagamento a/aos subcontratista/s, consideraranse condicións esenciais de execución e o seu incumprimento dará lugar á aplicación das penalidades establecidas na cláusula 13.3.b) do PCAP.

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20430

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2014

Por delegación (Orde do 26.7.2013; DOG número 154)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria