Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 8 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2013/000389-5 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada xefatura de Coordinación da Área do Mar-Vigo; r/ Concepción Arenal, 8, 4º andar.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000389-5.

Denunciado: Paulo Jorge Amaral Pinto.

NIF: 11298756Y.

Enderezo: urb. Tagides, parque, lote 2, bloco b, Vilafranca de Xira, Lisboa (Portugal).

Precepto infrinxido: 137.G.3.

Sanción: 3.015 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000734-5.

Denunciado: Óscar Dios Señoráns.

NIF: 35488989N.

Enderezo: r/ San Martiño, 15, Rubiáns, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 138.B.1.

Sanción: 30.001 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000905-5.

Denunciado: Ignacio Elizalde de Roda.

NIF: 02528872 E.

Enderezo: avda. Luis Rocafort, nº 51, Sanxenxo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000963-5.

Denunciado: Jorge Capa Iglesias.

NIF: 52498796P.

Enderezo: r/ Alemania, 1, baixo, Pontevedra.

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 300 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Xefatura de Coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de se ateren ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 8 de abril de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra