Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 9 de abril de 2014, da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, polo que se empraza a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia no expediente de arbitraxe 15R001/6185/2012.

De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o sistema arbitral de consumo, o artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1-5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2014

José Mª Pita Ponte
Secretario da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia

ANEXO

Expediente arbitral número: 15R001/6185/2012.

Interesada: Instalaciones y Mejoras del Gas, S.L.

CIF: B73735300.

Acto notificado: laudo arbitral do 18 de febreiro de 2014.