Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19305

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Investigación en Enxeñaría Civil pola Universidade da Coruña.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e acordado o seu carácter oficial do título polo Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo pola Resolución do secretario de Estado de Universidades do 28 de febreiro).

Esta reitoría, ao abeiro do artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada por la Lei orgánica 4/2007,

resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Investigación en Enxeñaría Civil pola Universidade da Coruña.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Investigación en Enxeñaría Civil pola Universidade da Coruña

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

6

Traballo fin de máster

30

Total créditos

60

2. Contido do plan de estudos.

Materias/disciplinas obrigatorias:

Módulo

Materia/disciplina

Créditos ECTS

Curso

Organización temporal

Iniciación á Investigación en Enxeñaría Civil

Iniciación á Investigación en Enxeñaría Civil

6

1

1º cuadrimestre

Traballo de Iniciación á Investigación/traballo fin de máster

Traballo fin de máster

30

1

Anual

Materias/disciplinas optativas:

No plan de estudos ofrécense un total de 120 créditos ECTS en disciplinas optativas agrupadas en 5 módulos de tecnoloxía específica con 4 disciplinas cuadrimestrais de 6 créditos ECTS cada unha.

Os alumnos deberán cursar 4 disciplinas optativas (24 ECTS) das cales cando menos 2 disciplinas deben pertencer a un mesmo módulo de Tecnoloxía Específica.

Módulo

Materia/disciplina

Créditos ECTS

Curso

Tecnoloxía Específica/Estruturas e Construción

Optimización e Análise Aeroelástica de Estruturas

6

1

Formigóns non convencionais

6

1

Análise de Estruturas e Materiais Avanzados

6

1

Técnicas Experimentais. Materiais Avanzados. Patoloxía e Reparación de Estruturas

6

1

Tecnoloxía Específica/Enxeñaría da Auga e do Ambiente

Regulación do Recurso Hídrico e Xestión de Eventos Extremos

6

1

Análise Integral dos Recursos Hídricos en Concas Hidrográficas

6

1

Programas de Cálculo en Hidráulica Fluvial, Costeira e Portuaria

6

1