Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19307

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 14 de abril de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais.

Unha vez convocados os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, polas ordes da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013, publicadas no Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño, e de conformidade co establecido nas bases das respectivas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1,
escala de enxeñeiros/as industriais

• Tribunal titular:

Presidencia:

– José Manuel González González, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as industriais.

Secretaría:

– Ramón Pereiro Santín, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as industriais.

Vogais:

– Javier Taboada Castro, persoal funcionario do corpo de catedráticos da Universidade de Vigo.

– José Luis González Cespón, persoal funcionario do corpo de profesores titulares da Universidade de Vigo.

– Elena Barba Pan, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– María José Mijares Coto, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de minas.

Secretaría:

– Marta Mariño Regueiro, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Tomás Nogueiras Nieto, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as industriais.

– Juan Luis Ecenarro Tomé, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as industriais.

– Manuel Ángel Graña López, persoal funcionario do corpo de profesores titulares da Universidade da Coruña.