Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 19005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación das obras de demolición de edificio para 74 vivendas no lugar de Pedreira, termo municipal de Padrón (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Administración e Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Administración e Xestión.

2) Domicilio: rúa dos Camiños da Vida, s/n, edificio Witland.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 881 99 94 35.

5) Telefax: 981 54 53 35.

6) Correo electrónico: administración.aplu@xunta.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 1/2014.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición: demolición de edificio para 74 vivendas no lugar de Pedreira, termo municipal de Padrón.

a) Tipo: obra.

b) Prazo de execución: cinco (5) meses.

c) Admisión de prórroga: non.

d) CPA: F 43.11.10.

2.2. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 12ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

2.3. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 270.814,61 €. Importe total: 327.685,68 €.

2.4. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE).

2.5. Subcontratación: nos termos establecidos na cláusula 30ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

2.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica, financeira e técnica: a especificada na cláusula 13ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

3. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20364

4. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

2. Domicilio: rúa dos Camiños da Vida, s/n, edificio Witland.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Admisión de variantes: si, nos termos establecidos na cláusula 14ª.3.2 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

5. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: rúa dos Camiños da Vida, s/n, edificio Witland.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante a data de apertura dos sobres B e C.

6. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística