Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 19008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de abril de 2014 pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador e de reposición da legalidade SIL/38/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar os destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 18 de marzo de 2014, ditou resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade número SIL/38/2013, tramitado pola execución de obras de instalación dunha caseta e ampliación doutra, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de praia de Cesantes-Cesantes, termo municipal de Redondela (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Manuel Rego Pérez e María del Carmen Domínguez Lloves, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10 ) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte da presente notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde os recorrentes teñan o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra segunda da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística