Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18947

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (284/2013).

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 284/2013.

Persoa que se cita: Xestunor, S.L., como parte executada.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición ao/s acto/s de execución, concorrendo aos citados actos coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Edificio dos xulgados, planta baixa, sala 3, rúa Berlín s/n. Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Sinálase o día 16.5.2014, ás 9.00 horas para a realización da comparecencia.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, se teñen que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º da LAC). Fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que está convocado/a (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación para evitar o proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar a data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poidan estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que isto supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

E para que sirva de citación á empresa Xestunor, S.L., expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2014

A secretaria xudicial