Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 8 de abril de 2014 pola que se notifica o trámite de audiencia previo ao inicio da revogación correspondente ao expediente 10TIC074E devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), despois de tentar sen éxito a notificación do trámite de audiencia previo ao inicio da revogación correspondente ao expediente 10TIC074E no último domicilio social coñecido da entidade Interoud Innovation, S.L., procédese á súa notificación por medio de anuncio no taboleiro do concello do último domicilio social coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, reprodúcese integramente o texto do trámite de audiencia:

Código proxecto: 10TIC074E.

Título: Prototipado e validación dun stack completo HBB-TV nun contorno IPTV.

Entidade beneficiaria: Interoud Innovation, S.L.

Convocatoria: Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG do 7 de xullo).

Resolución: 13 de decembro de 2010 (DOG do 24 de decembro).

Asunto: trámite de audiencia.

Con relación ao proxecto indicado comunícolle:

1. O artigo 61 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia establece:

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención será o establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

2. Con data do 5 de agosto de 2010 a entidade Lambdastream, S.L. solicita ser beneficiaria dunha subvención correspondente aos programas sectoriais de investigación aplicada, peme I+D e I+D Suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, cuxas bases de concesión se encontran na mencionada Orde do 6 de xullo de 2010, para a realización do proxecto denominado Prototipado e validación dun stack completo HBB-TV nun contorno IPTV (10TMT074E).

3. Na Resolución do 13 de decembro de 2010 (DOG do 24 de decembro) concédeselle a Lambdastream, S.L. unha subvención para a realización do mencionado proxecto, nas contías que se indican a continuación:

1ª anualidade

2ª anualidade

3ª anualidade

4ª anualidade

Total

4.474,12 €

25.611,08 €

19.212,30 €

0,00 €

49.297,50 €

4. Con data do 29 de decembro de 2010 Lambdastream, S.L. acepta a concesión da dita subvención, polo que se lle fai o ingreso do anticipo correspondente á primeira anualidade do ano 2010 de 4.474,12 €.

5. Lambdastream, S.L. presenta a documentación xustificativa do proxecto correspondente á anualidade 2010, que tras a revisión correspondente non está completa.

6. Con data do 24 de febreiro de 2011 remíteselle a Lambdastream, S.L. o requirimento para a emenda da documentación de xustificación correspondente á anualidade 2010, que a dita Lambdastream, S.L. entrega o 17 de xuño de 2011.

7. Con data do 15 de xullo de 2011 a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación tramita o ingreso do anticipo correspondente á segunda anualidade de 25.611,08 €.

8. Con data do 29 de novembro de 2011, a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación comunícalle a Lambdastream, S.L. que deberá presentar na data límite do 15 de decembro a documentación de xustificación da anualidade 2011.

9. Con data do 15 de decembro de 2011, Lambdastream, S.L. presenta a documentación xustificativa do proxecto correspondente á anualidade 2011, que tras a revisión correspondente non está completa.

10. Con data do 27 de febreiro de 2012 Lambdastream, S.L. presenta en relación co proxecto 10TIC074E un escrito á Dirección Xeral de I+D para notificarlle que a unidade produtiva de I+D encargada da execución do dito proxecto foi vendida á empresa Interoud Innovation, S.L., con CIF B70286398, que se comprometeu a continuar as liñas de execución dos proxectos. Notifícase, ademais, que todo o persoal vinculado ao proxecto 10TIC074E viu os seus contratos subrogados á nova empresa Interoud Innovation, S.L. Por todo isto, Lambdastream, S.L. solicita o traspaso do proxecto 10TIC074E a Interoud Innovation, S.L. e achega unha copia compulsada da factura de compravenda da unidade produtiva e escrituras de Interoud Innovation e apoderamentos.

11. Con data do 28 de marzo de 2012 remíteselle a Lambdastream, S.L. o requirimento para a emenda da documentación de xustificación correspondente á anualidade 2011.

12. Con data do 12 de abril de 2012 Lambdastream, S.L. acepta a minoración correspondente á anualidade 2011 do dito proxecto, na cal se detallan os seguintes datos: importe custo concedido anualidade 2011: 56.913,51 €; importe custo xustificado anualidade 2011: 36.444,50 €; importe minoración anualidade 2011: 9.211,05 €.

13. Con data do 2 de xullo de 2012 Lambdastream, S.L. remite á Axencia Galega de Innovación en relación co proxecto 10TIC074E un escrito en que comunican a absorción de Lambdastream, S.L. pola sociedade Interoud Innovation, S.L., quen se fixo cargo de todo o persoal técnico, responsabilidades e proxectos de Lambdastream, S.L., e co que entregan unha copia da escritura de compravenda da sociedade, solicitando as indicacións precisas para executar a derradeira anualidade do proxecto.

14. Con data do 26 de setembro de 2012 Interoud Innovation, S.L. e Lambdastream, S.L. remiten o orixinal da escritura notarial de absorción de Lambdastream, S.L. por parte de Interoud Innovation, S.L., con indicación de que previamente fora remitida á Axencia Galega de Innovación unha copia da dita escritura.

15. Con data do 28 de setembro de 2012 Lambdastream, S.L. remite dirixida á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación unha serie de documentación xustificativa do gasto realizado correspondente á anualidade 2011.

16. Coa mesma data do 28 de setembro de 2012 con que se entrega a documentación indicada no parágrafo anterior Interoud Innovation, S.L. remite á Axencia Galega de Innovación a documentación xustificativa do gasto realizado correspondente á anualidade 2012 do proxecto. Esta documentación consiste unicamente no informe final de resultados do proxecto en papel da anualidade 2012 do proxecto, cuxa versión electrónica entregará o 24 de outubro de 2012, xunto cunha memoria libre.

17. Con data do 5 de novembro de 2012 Lambdastream, S.L. presenta a escritura compulsada de compravenda de Lambdastream, S.L. por parte de Interoud Innovation, S.L.

18. Con data do 29 de novembro de 2012 a Axencia Galega de Innovación remítelle a Interoud Innovation, S.L. notificación de modificación de Resolución do 13 de decembro de 2010 (DOG do 24 de decembro) pola que se concede a titularidade do proxecto 10TIC074E Prototipado e validación dun stack completo HBB-TV nun contorno IPTV á empresa Lambdastream, S.L. para recoller a absorción por Interoud Innovation, S.L.

19. Con data do 20 de decembro de 2012 remíteselle a Interoud Innovation, S.L. o requirimento para a emenda da documentación de xustificación correspondente á anualidade 2012, e concédeselle un prazo de 10 días para a presentación da documentación.

20. Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior, Interoud Innovation, S.L. non presenta a documentación requirida.

21. Tendo en conta que a entidade non presentou a documentación xustificativa completa e correcta da subvención concedida dentro dos prazos establecidos e, consecuentemente, non se acreditou correctamente o cumprimento da finalidade que determinou a súa concesión, procede iniciar resolución de revogación da subvención para deixar sen efecto a Resolución do 13 de decembro de 2010 (DOG do 24 de decembro) pola que se adxudican as subvencións correspondentes á tecnoloxía dos materiais e da construción dos programas sectoriais de investigación aplicada, peme I+D e I+D Suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, convocadas na Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG do 7 de xullo) pola que se concedía unha subvención de 49.297,50 € á entidade Lambdastream, S.L. para a realización do proxecto titulado Prototipado e validación dun stack completo HBB-TV nun contorno IPTV (10TIC074E).

Por todo o indicado anteriormente e antes de proceder a ditar a resolución de revogación, e de acordo co establecido no artigo 84.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédese un prazo de 10 días hábiles para realizar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2013. Benito Fernández Rodríguez, director da Área de Xestión.

– Hai un selo que di: «Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria, Axencia Galega de Innovación».

O que se notifica por medio de anuncio para o seu coñecemento e para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2014

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación