Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2008/504).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa e da aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra del Narahío, S.A.

Domicilio social: Vista Alegre, s/n, Doso, 15577 Narón.

Denominación: LMTS Cantalarrana-Martianes.

Situación: concello de Narón.

Características técnicas: liña de media tensión aérea, a 15/20 kV, de 1.467 metros de lonxitude, en condutor LA-56 sobre o mesmo trazado da liña existente, coa orixe no apoio existente nº 61 pertencente á LMT Bouzarredonda-O Coval e remate no novo apoio fin de liña metálico tipo C 2000-14 metálico, situado no lugar de Martianes, transcorrendo por terreos do concello de Narón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da notificación da presente resolución.

Contra esta resolución poderase interpor un recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 6 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña