Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18676

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 14 de abril de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 33, do 18 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), de conformidade co disposto na base II.1.1.1:

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións e alegacións presentadas, anular a pregunta 50, pasando a ocupar o seu posto a primeira pregunta de reserva, a 121, e desestimar o resto das alegacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cincuenta puntos (50 puntos), fixándose en 50 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que coiden oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal