Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18445

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos (2ª edición) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade
en Contextos Educativos (2ª edición)

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

22,5

Optativas

13,5

Prácticas externas

12

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Interculturalismo en Ámbitos Socioeducativos

4,5

Optativo

Interculturalismo e Educación

Interculturalismo en Ámbitos Escolares

4,5

Obrigatorio

Ensino e Aprendizaxe da/s Lingua/s da Sociedade de Acollida

4,5

Optativo

Desenvolvemento Comunitario e Compensación das Desigualdades

4,5

Optativo

Compensación das Desigualdades

Compensación das Desigualdades na Educación

4,5

Obrigatorio

Calidade de Vida para as Persoas Maiores

4,5

Optativo

Procesos Formativos en Persoas Adultas

Educación de Adultos

4,5

Obrigatorio

Da Inxustiza da Desigualdade á Riqueza da Diferenza

4,5

Optativo

Xénero e Educación

Xénero e Educación

4,5

Obrigatorio

Calidade de Vida das Persoas con Discapacidade

4,5

Optativo

Necesidades Educativas Especiais

Medidas de Atención á Diversidade para Persoas con Altas Capacidades

4,5

Optativo

Medidas de Atención á Diversidade para Alumnas/Alumnos con Necesidades Educativas

4,5

Obrigatorio

Prácticum

12

Obrigatorio

Prácticum

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos (2ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.