Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica á persoa interesada o requirimento da documentación preceptiva en relación co expediente de subvención de axuda de plan de mellora número 27/00457/06P.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentarse sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, o requirimento da documentación preceptiva en relación co expediente de subvención de axuda de plan de mellora número 27/00457/06P. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase ao interesado de que, se non emenda a falta ou non achega os documentos requiridos nun prazo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: 27/00457/06P.

Interesada: Muinelo Alta Selección, S.L.

Último enderezo coñecido: Adai, 27162 O Corgo, Lugo.

Asunto: requirimento para achegar a documentación preceptiva segundo a Orde do 27 de decembro de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias e se convocan para o ano 2006 (DOG nº 249, do 29 de decembro de 2005).