Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Domicilio social: rúa Coruña, 20, baixo, 36700 Tui.
Denominación: LMTS, CT Escaleiras, CT Kiwi.
Situación: Tui.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 240 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Escaleiras e final no centro de transformación Kiwi. A instalación está situada na rúa Rosa Bahamonde de Tui.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 17 de marzo de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra