Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/44).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT Paseo do Parrote.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Tramo liña de media tensión soterrada EPU-704A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,534 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-704A, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CD Hotel Atlántico, en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-704A, no tramo entre o CT Mariña (expediente 26.871) e o CS Fama, realizándose empalmes coa LMTS que alimenta o CD Hotel Atlántico e coa LMTS que alimenta o CD Deputación e o CT Paseo Méndez Núñez (expediente 478/05) e realizando entrada e saída no CT Mariña (expediente 26.871).

Tramo liña de media tensión soterrada EPU-707A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,275 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-704A, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CS Correos, en condutor RHZ1-20L 12/20 kV (311×240 mm2 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-707A, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CS Correos.

Tramo liña de media tensión soterrada EPU-706, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,272 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-706, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT San Francisco (expediente 10.309), en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-706, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT San Francisco (expediente 10.309).

Tramo liña de media tensión soterrada EPU-709, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,275 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-709, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT Garda Civil (expediente 277/05), en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-709, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT Garda Civil (expediente 277/05).

Tramo liña de media tensión soterrada EPU-717A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,272 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-717A, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CD Reitoría, en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-717A, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CD Reitoría.

Tramo liña de media tensión soterrada EPU-717B, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,272 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-717B, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT rolda de Monte Alto, 32 (expediente 284/071), en condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al) e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-7173, no tramo entre a subestación do Porto (expediente 157/2000) e o CT rolda de Monte Alto, 32 (expediente 284/07).

Tramo liña de media tensión soterrada EPU-703A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,706 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-703A, no tramo entre o CT Centro de Ocio Alas Gaviota (expediente 447/04) e o CS Palexco (expediente 185/04), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm² Al) e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-703A, no tramo entre o CS Palexco (expediente 185/04) e o CT Porta Real (expediente 483/05), realizándose empalmes coa LMTS que alimenta o CS Palexco (expediente 185/04).

Tramo liña de media tensión soterrada a CT Teatro Rosalía de Castro (EPU-704A), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,065 km, con orixe en cela de liña existente no CT Mariña (expediente 26.871), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm² Al) e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-704A, que alimenta o CT Teatro Rosalía de Castro, no tramo entre o CT Mariña (expediente 26.871) e o CT Teatro Rosalía de Castro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña,11 de abril de 2014

Por vacante (artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial