Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18046

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Teatro e Artes Escénicas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo de 2014 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 28 de febreiro de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Teatro e Artes Escénicas que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Teatro e Artes Escénicas

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorios

30

Optativos

18

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Introdución á Investigación Científica e Métodos de Investigación nas Ciencias Humanas e Sociais

3

Obrigatorio

Formación Fundamental

Elaboración de Proxectos de Investigación: Deseño, Recursos e Ferramentas

3

Obrigatorio

Liñas de Investigación no Ámbito dos Estudos Escénicos e a Educación Teatral

3

Obrigatorio

Mundo Antigo: Teatro, Poética e Representación

3

Obrigatorio

Festas, Cerimonias e Espectáculos Cortesanos na Idade Media

3

Obrigatorio

Teatro e Espectáculo nos Séculos XVI, XVII e XVIII

3

Obrigatorio

Artes e Representación no Século XIX

3

Obrigatorio

Teatro e Espectáculo nos Séculos XX e XXI

3

Obrigatorio

Relacións Interartísticas

3

Obrigatorio

O Teatro e a Música na Educación

3

Obrigatorio

Teatro Breve: do Entremés ao Xénero Chico

3

Optativo

Especialidade. Estudos Literarios e Teatrais

Teatro Latinoamericano Contemporáneo

3

Optativo

Análise e Crítica de Espectáculos

3

Optativo

Principios e Ámbitos da Educación e Animación Teatral

3

Optativo

Especialidade. Educación e Animación Teatral

Dimensión Terapéutica do Teatro

3

Optativo

Deseño e Avaliación de Programas de Animación e Educación Teatral

3

Optativo

Expresión Corporal e Danza

3

Optativo

Formación Complementaria en Artes Escénicas

Interpretación e Dirección de Escena

3

Optativo

Espectáculos Musicais

3

Optativo

Xestión e Produción Escénica

3

Optativo

O Taller de Teatro e os Recursos na Creación Teatral

3

Optativo

Prácticas externas

6

Obrigatorio

Prácticas externas

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Teatro e Artes Escénicas, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.

Este máster ten dúas especialidades. Estudos Literarios e Teatrais e Educación e Animación Teatral. O alumnado ten que matricularse de 30 ECTS obrigatorios do módulo de formación fundamental; de 6 ECTS obrigatorios do módulo de prácticas externas; de 6 ECTS obrigatorios do traballo fin de máster e, por último, de 18 ECTS optativos. Estes créditos optativos escolleraos do seguinte xeito: 9 ECTS da especialidade que elixa e, os 9 ECTS restantes, entre os ECTS da especialidade non escollida e dos ofertados no módulo de Formación Complementaria en Artes Escénicas.