Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18054

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Enerxía e Sustentabilidade (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enerxía e Sustentabilidade (2ª edición) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Enerxía e Sustentabilidade
(2ª edición)

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

46,5

Optativas

3

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

10,5

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Enerxía Eólica

6

Obrigatorio

Enerxías Renovables

Enerxía Solar Térmica e Fotovoltaica

9

Obrigatorio

Enerxía da Xeotermia, a Tecnoloxía do Hidróxeno e outras Tecnoloxías de Aproveitamento de Recursos Naturais

6

Obrigatorio

Enerxía da Biomasa, dos Biocombustibles e dos Residuos

6

Obrigatorio

Tecnoloxías Térmicas e da Enerxía Eléctrica

4,5

Obrigatorio

Tecnoloxías

Eficiencia, Aforro e Auditorías Enerxéticas

7,5

Obrigatorio

Economía Enerxética e Medioambiental

3

Obrigatorio

Enerxía, Economía e Ambiente

Sector Enerxético Español: Regulación Sectorial da Enerxía e Redes. Sector Eléctrico. Sector HC e Carbón

3

Optativo

Enerxía e Medioambiente

4,5

Obrigatorio

Prácticas externas

3,0

Optativo

Prácticas externas

Traballo fin de máster

10,5

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Enerxía e Sustentabilidade (2ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.