Con data do 3 de febreiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou resolución de arquivamento do expediente sancionador 2013358AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra contra a entidade Elaborados Freiremar Vigo, S.A., con CIF A36641348 e enderezo no peirao de reparacións de Bouzas, s/n, 36208, Vigo, por non ter responsabilidade a referida entidade na infracción que se lle imputaba.
Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Elaborados Freiremar Vigo, S.A. a referida resolución de arquivamento do expediente sancionador 2013358AL-PO, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, núm. 43, 1º, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Pontevedra, 20 de marzo de 2014
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra