Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).
Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, de 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.
Esta reitoría
RESOLVE:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser (2ª edición) que se recolle no anexo a esta resolución.
Vigo, 17 de marzo de 2014
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser
(2ª edición)
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.
Universidades participantes: Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
Tipo de materia |
ECTS |
Obrigatorias |
0 |
Optativas |
36 |
Prácticas externas |
12 |
Traballo fin de máster |
12 |
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster
Materia |
ECTS |
Carácter |
Módulo |
Aplicacións Biomédicas dos Láseres: Fundamentos Físicos |
6 |
Optativo |
Optativas I |
Óptica Coherente |
6 |
Optativo |
|
Física dos Láseres |
6 |
Optativo |
|
Aplicacións Ambientais dos Láseres |
6 |
Optativo |
|
Sensores Láser: Fundamentos e Aplicacións |
6 |
Optativo |
|
Óptica Cuántica |
6 |
Optativo |
|
Laboratorio de Fundamentos do Láser |
6 |
Optativo |
|
Aplicacións Metrolóxicas dos Láseres |
6 |
Optativo |
Optativas II |
Comunicacións Ópticas |
6 |
Optativo |
|
Aplicacións Industriais dos Láseres |
6 |
Optativo |
|
Laboratorio de Fotónica |
6 |
Optativo |
|
Métodos Computacionais |
6 |
Optativo |
|
Prácticas en empresa |
12 |
Optativo |
Prácticas en empresas |
Traballo fin de máster |
12 |
Obrigatorio |
Traballo fin de máster |
Para a obtención do título de máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser (2ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.