Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17620

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos (2ª edición) (código RUCT 4310396).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos (2ª edición) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Innovación Industrial
e Optimización de Procesos (2ª edición)

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

42

Optativas

00

Prácticas externas

12

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Innovación e Lean Manufacturing nunha Nova Contorna

3

Obrigatorio

O Contexto da Innovación Continua

Innosistemas e Soportes Institucionais para a Mellora Competitiva

3

Obrigatorio

Vixilancia e Prospectiva Tecnolóxica

3

Obrigatorio

Identificación de Oportunidades de Mellora

Auditoría de Procesos e Produtos

3

Obrigatorio

Deseño Estratéxico para a Innovación en Produtos e Procesos

3

Obrigatorio

Estratexias para a Innovación

Aspectos Legais na Xestión de I+D+i

3

Obrigatorio

Dirección de Proxectos

3

Obrigatorio

Dirección e Certificación de Proxectos

Normalización e Certificación de I+D+i

3

Obrigatorio

Innovación Social, Redes e Emprendemento

3

Obrigatorio

Implantación da Estratexia de Innovación

Creación de Capacidades e Control da Innovación

3

Obrigatorio

Fundamentos de Lean Manufacturing

3

Obrigatorio

Transformación Lean para a Mellora Continua da Produtividade

Xestión Básica Lean dos Procesos Produtivos

3

Obrigatorio

Xestión Avanzada Lean dos Procesos Produtivos

3

Obrigatorio

Conceptos Avanzados de Lean Manufacturing

Lean Estendido á Cadea de Valor e aos Servizos

3

Obrigatorio

Prácticas en empresas

12

Obrigatorio

Prácticas en empresas

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos (2ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.