Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 26 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de xogo L-2/13, L-4/13 e OU-6/13.

Segundo consta nos expedientes, intentada a práctica da notificación as persoas que se citan no anexo, en relación cos expedientes sancionadores en materia de xogo L-2/13, L-4/13 e OU-6/13, que se relacionan no anexo que se xunta, non foi posible efectuala polo que esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación das ditas resolucións por medio da súa publicación do presente anuncion no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Lugo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).

Os interesados poderán examinar as citadas resolucións completas no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra as resolucións dos expedientes indicados, que non esgotan a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, podendo interporse o dito recurso ou calquera outro que consideren pertinente ao seu dereito, ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: L-2/13.

Interesado: Nicolás Alfredo Sande Alonso.

DNI/NIF: 33237824H.

Último enderezo coñecido: rúa Doutor Ochoa, 37, 1º esq., 27004 Lugo.

Data da resolución: 5 de marzo de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: grave, artigo 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Sanción: 3.000,01 €.

Expediente: L-4/13.

Interesado: Nicolás Alfredo Sande Alonso.

DNI/NIF: 33237824H.

Último enderezo coñecido: rúa Doutor Ochoa, 37, 1º esq., 27004 Lugo.

Data da resolución: 5 de marzo de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: grave, artigo 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Sanción: 3.000,01 €.

Expediente: OU-6/13.

Interesado: Gil Vázquez Vázquez.

DNI/NIF: 34247993G.

Último enderezo coñecido: Camiño Pipín, 13, 1º, Lugo.

Data da resolución: 17 de febreiro de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: grave, artigo 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Sanción: 3.000,01 €.