Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17666

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (16/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 16/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Cereijo Míguez, contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., Ancora Hispania, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto de aclaración con data do 25 de marzo de 2014, cuxa parte dispositiva é como segue:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Procede aclarar o auto con data do 13 de marzo de 2014, quedando a resolución no sentido seguinte:

Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Laura Cereijo Míguez coas entidades demandadas, condenando a estas a que aboen solidariamente á executante a cantidade de 855,43 euros en concepto de indemnización, e 1.024,42 euros en concepto de salarios de tramitación.

Faise saber que, en caso de non dar cumprimento á presente resolución, continuará como execución, en diñeiro, polo importe total de 1.879,85 euros incrementados con 187,99 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

E o fundamento xurídico terceiro, segundo parágrafo, redactado da seguinte forma:

En atención ao exposto, procede a extinción do contrato de traballo cos salarios de tramitación. Conforme o anterior, a indemnización que se deberá calcular na data da presente resolución, deberá selo na forma establecida na disposición transitoria quinta da Lei 3/2012, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral (anterior disposición transitoria quinta do Real decreto lei 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, que entrou en vigor o día 12 de febreiro de 2012), a cal, salvo erro ou omisión, ascende á cantidade de 855,43 euros en concepto de indemnización, e 1.024,42 euros en concepto de salarios de tramitación, calculados desde a data do despedimento ata a data deste auto.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Limpiezas El Polígono, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014

A secretaria xudicial