Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador MON-CO-0025/2013-CAC.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente sancionador MON-CO-0025/2013-CAC.

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen presentar o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: MON-CO-0025/2013-CAC.

Interesada: Carmen Santiago Carracedo.

Acto de notificación: resolución do expediente sancionador

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 122-3º, A Coruña.