Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17287

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

RECURSO de inconstitucionalidade número 1424/2014.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 8 de abril actual, acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade núm.1424/2014, promovido polo presidente do Goberno contra os artigos 1; 2.2 b), c) e d); 5.3; 5.5; 5.6; 5.7; 6.2; 7.2; 8; 12.2; 12.3; 12.4; 13; 14.1 a), b) e c); 14.2; 15.2 a), b), d), f), g) e h); 15.3; 17.1; 17.2; 18; 19.2 a) e c); o título V e as disposicións adicional primeira e transitoria primeira da Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia.

Faise constar que o presidente do Goberno invocou o artigo 161.2 da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e a aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso –7 de marzo de 2014–, para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial del Estado para os terceiros.

Madrid, 8 de abril de 2014

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional