Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (208/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 208/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Almudena Boo Carril contra a empresa Promociones Panamá 14, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 24 de marzo de 2014, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Promociones Panamá 14, S.A. en situación de insolvencia total por importe de 13.886,26 euros en concepto de principal (1.581,25 euros de indemnización + 12.305 euros de salarios de tramitación) máis 1388,62 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e testemuño á presente execución.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0208 13. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número da conta 5076 0000 64 0208 13. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación a Promociones Panamá 14, S.A., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

A secretaria xudicial